Sunday 19 de May de 2024

A praia de Gandarío logra a Bandeira Azul por quinto ano consecutivo


· O Concello mostra a súa satisfacción porque un dos seus areais continúe figurando nesta prestixiosa lista.

A Bandeira Azul ondeará un ano máis na praia de Gandarío. A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) fixo público hoxe a listaxe de areais que contan con este distintivo de calidade, entre os que volve estar Gandarío, por quinto ano consecutivo.

O Concello de Bergondo mostra a súa satisfacción porque un dos seus areais obteña este prestixioso recoñecemento. Destaca ademais todo o traballo que supón manter as praias nun estado óptimo para o goce de residentes e turistas.

Ademais de Gandarío, Bergondo conta con outras praias excelentes como son as do Pedrido, Ou Regueiro e A Cabana.

Deja un comentario